Amosan un tablet chinés con pantalla 3D sen lentes

venres, 27 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Mentres a Nintendo 3DS non populariza as pantallas autoestereoscópicas (ou sexa, con tecnoloxía 3D sen precisar de lentes para a súa visualización) algúns fabricantes coma Rockchip avanzan nesta dirección, e na vindeira edición da feira IFA teñen pensado amosar un dispositivo tipo tablet chamado Supernova X1 que xa puido verse en China, e que ten unha destas pantallas 3D que, como a da futura consola portátil de Nintendo, tamén poderá axustarse o efecto tridimensional a gusto do usuario. Amais, este dispositivo podería funcionar co sistema operativo Android, de xeito que serviría para máis que para facer de reprodución multimedia, aínda que o prudente é agardar á presentación oficial do produto para ver se estamos ante unha mera curiosidade ou ante un paso a seguir.

Vídeo gravado en China no que podemos ver o Supernova X1 de Rockchip

A pantalla do Supernova X1 amosa imaxes 3D sen precisar de lentes para percibir a profundidade

PUBLICIDADE