Amosan como será Infinity Blade: Dungeons en acción
venres, 18 de maio do 2012
Para amosar a potencial gráfica do novo iPad durante a súa
presentación a xente de Epic Games amosou imaxes do que será Infinity Blade: Dungeons,
que aÃnda que estea baixo o paraugas da franquÃa de xogos de loita Infinity Blade que tanto éxito tiveron
en iPhone e iPad, realmente fuxe deste xénero e chegará como un xogo de alxubes
ao estilo de Diablo, que curiosamente
está moi de actualidade co lanzamento de Diablo
III e coa chegada doutros tÃtulos do mesmo xénero para distintas
plataformas (como Torchlight II e Heroes of Ruin).
AÃnda que a data de lanzamento de Infinity
Blade: Dungeons é toda unha incógnita (só sabemos que sairá este mesmo ano),
pero xa se van coñecendo detalles significativos do xogo grazas á publicación
na Rede dun vÃdeo co xogo en acción no que podemos ver como se forxa un arma e
supérase un alxube no que hai que facer fronte a lobos, arañas xigantes e outras
feras sobrenaturais.
A
xente de IGN puido probar en primeira persoa o xogo, e parecen bastante
satisfeitos cun elemento tan crucial para o seu éxito como o sistema de
control, que parece ser o suficientemente bo como para convencer a usuarios
ocasionais e a xogadores afeitos a este tipo de xogos no PC.
VÃdeo do xogo en acción
- O xogo contará cuns gráficos impresionantes para un dispositivo móbil
- En Infinity Blade: Dungeons hai que enfrontarse a lobos e distintos monstros fantásticos