Among Us chega a Switch e Game Pass

mércores, 16 de decembro do 2020 Marcus Fernández

No verán houbo un par de xogos que convertéronse en auténticos fenómenos: Fall Guys e Among Us. E este último ameaza con manterse a máis longo prazo (Fall Guys perdeu bastante pulo), e esta semana estrea versión para Nintendo Switch a un prezo de 4,29 euros, permitindo así montar festas locais ou en liñas entre 4 e 10 xogadores coa consolas de Nintendo coa principal limitación de que, para organizar unha sala de chat con outros xogadores hai que facer uso da aplicación móbil de Nintendo.
Pero esta non é a única novidade ao redor da produción de InnerSloth, xa que mañá mesmo Among Us incorpórase ao catálogo de Xbox Game Pass para PC, permitindo así que os subscritores deste servizo poidan gozar no seu ordenador deste grande éxito sen ter que pasar por caixa.

Among Us é unha sorte de xogo do asasino que pode xogarse en liña.

PUBLICIDADE