Amena consolida os 20 GB de datos para os clientes que pagan 19,95 euros/mes
luns, 20 de agosto do 2018
Semella que hoxe é o dÃa no que os operadores de telecomunicacións
deron o tiro de saÃda para a carreira da volta
ao cole, e non cesan de realizar anuncios para captar e manter clientes,
como Amena, que vai consolidar a súa última oferta de verán á través da que
tanto aos seus clientes actuais como aos novos podÃan gozar do dobre de datos
móbiles (até o 30 de setembro) no caso da tarifa de 19,95 euros.
AÃnda que para outubro o resto de tarifas volverán á normalidade, quen pague 19,95 euros/mes non volverá aos 10 GB de
datos anteriores, senón que manterá un volume de datos móbiles de 20 GB,
deixando constancia do atractivo que ten para os consumidores o poder gozar dun
elevado volume de datos no móbil.
Amena tamén inicia unha campaña promocional protagonizada por David Bisbal na
que buscan dar a coñecer a súa oferta converxente
con fibra de balde ao contratar
tarifas de voz ilimitadas, ou sexa, a mencionada tarifa de 19,95 euros/mes
con 20 GB de datos, ou a de 24,95 euros/mes con chamadas ilimitadas (e 50 GB de
datos até o 30 de setembro). Cómpre salientar que para gozar destas últimas ofertas
é preciso pagar cota de liña fixa, ou sexa, 21 euros adicionais ao mes, e dado
que estas conexións de fibra son de 50 Mbps, estamos ante un prezo que non
resulta especialmente competitivo, xa que outros operadores low-cost teñen prezos equivalentes ou
mellores con coberturas superiores (tanto de fibra como de móbil).