Amazon supera amplamente a Google no mercado dos altofalantes conectados
venres, 15 de novembro do 2019
O mercado dos altofalantes con asistentes de voz é aÃnda
incipiente, e conta cun número de actores bastante reducido (entre os que
poderiamos considerar ausente a Apple, xa que o seu HomePod está centrado na
reprodución musical e non no uso do asistente persoal), existindo unha clara
división entre os mercados occidental e asiático.
Se deixamos a un lado aos fabricantes chineses, temos que a carreira limÃtase a
dous corredores (Google e Amazon) e, aÃnda que Amazon partÃa dunha posición de certa
vantaxe, Google non conseguiu pórse á altura, e a
distancia entre ambas compañÃas non para de agrandarse se atendemos a datos de
Canalys, compañÃa que asegura que no terceiro trimestre do ano Amazon
comercializou 10,4 millóns de altofalantes conectados, o que supón un
crecemento do 65,9%, mentres que Google cos seus 3,5 millóns de altofalantes
experimentarÃa unha caÃda do 40,1%.
Cómpre sinalar que Amazon ten unha ampla gama de produtos Echo, con distintos
formatos e prezos, mentres que o catálogo de Google é moito máis reducido e sen
tantas promocións, de aà que non resulta arriscado aventurar que Alexa é o
asistente lÃder nos altofalantes conectados.
Sobre este tipo de produtos Canalys tamén apunta a un detalle moi interesante:
o 22% destes trebellos vendidos no terceiro trimestre do ano incluÃan pantalla.
Estamos ante un formato chegou máis tarde, pero que pouco a pouco vai gañando
presenza nos fogares, tanto polas funcionalidades que abren as pantallas (como
amosar información meteorolóxica, reproducir vÃdeos ou incluso amosar receitas
de cociña) como polo interese que algúns usuarios teñen pola videoconferencia
(aÃnda que este tipo de comunicación continúa a ser residual).
- Táboa cos datos publicados por Canalys