Amazon relanza a súa plataforma de vídeo baixo demanda
xoves 4 de setembro do 2008, por |
A tenda electrónica máis
grande a nivel mundial, Amazon, leva tempo cun servizo de vídeo baixo demanda
que se podería considerar en probas, e parece que xa chegou á súa madurez, e
agora anuncian por todo o grande que a
través de Amazon Video On Demand os usuarios de ordenadores PC e Mac poden ver
ao instante películas e series de televisión sen cortes publicitarios
contando na actualidade con milleiros de vídeos que incluso se poderán ver directamente
dende os televisores Sony BRAVIA con Internet Video Link (aínda que
este servizo si que continúa a estar en probas) e incluso en dispositivos
compatibles co Windows Media Center extender como a consola Xbox 360 (e algún reprodutor
multimedia).
Os 40.000 vídeos (películas e capítulos de series de televisión) se venden a
prezos que parte dos 1,99 dólares nas series e 2,99 dólares nas películas e por
desgraza este tipo de servizos contan con restricións xeográficas (non se pode
acceder ao mesmo fóra dos EE.UU.).
A nova plataforma continuará a funcionar a través do software que viñan
utilizando cando o servizo se coñecía coma Unbox, e polo momento non se agarda
a internacionalización desta ambiciosa plataforma.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















