Aluratek comercializa discos duros externos que se poden pechar por RFID
xoves, 28 de agosto do 2008- Disco Hurricane Plus con identificación por radio-frecuencia
Os usuarios preocupados por
manter os seus datos lonxe de miradas alleas poden optar por facerse con discos
duros USB de Aluratek, que se venden en versións
de 3,5 polgadas e de
2,5 polgadas e que inclúen 2 chaves de seguridade RFID (identificación por radio-frecuencia) que permiten
pechar ou abrir os contidos do disco con só pasalas por diante do mesmo, non
precisando de ningún tipo de software para estas funcións.
O Hurricane Plus serÃa o disco duro USB con RFID de 3,5 polgadas (precisa de
alimentación externa), o que permitirÃa un almacenamento de ata 1 Tb a través
un único conector USB 2.0, mentres que o Tornado Plus serÃa a versión de 2,5
polgadas (alimentada por USB) cunha capacidade de ata 500 Gb. Ambas unidades
tamén serÃa compatibles con portos USB 1.1.
Os prezos destes discos nos EE.UU. estarÃan entre
os 119 dólares do Tornado Plus de 160 Gb ata os 249 dólares do Hurricane Plus
de 1 Tb.