Altofalante portátil de Genius

martes, 16 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Cando queremos escoitar música partindo dun teléfono móbil ou dun reprodutor multimedia portátil normalmente carecemos dun altofalante que achegue un nivel de volume suficiente como para unha boa experiencia en espazos abertos que sexa transportable, pero o altofalante portátil Genius SP i170 pode ser unha boa opción, pois cunhas medidas de 65 x 65 x 46,5 milímetros e un peso de 72 gramos permite reproducir son a través dun conector para auriculares estándar (3,5 milímetros) con 2 W de potencia que consegue grazas a unha batería interna que podemos cargar por USB e que facilita unha autonomía de ata 8 horas.
Este altofalante crea un campo sonoro de 360 graos, inclúe unha bolsiña de transporte, conta cun control de volume e un LED que indica o nivel de carga, e véndese por uns 18 euros en varias cores (negro brillante, branco, rosado e azul).

O altofalante está dispoñible en varias cores

PUBLICIDADE