Alone in the Dark achegarase á Xbox 360

venres, 6 de outubro do 2006 Redacción

Microsoft achegou a Barcelona as últimas novidades para Xbox 360 durante o evento X06 que creo moi boas expectativas dentro da crítica do sector dos videoxogos, que quedou ilusionada polo prometedor futuro da primeira consola doméstica de nova xeración.
Durante o X06 púidose ver a primeira demostración en vivo da nova entrega da saga de Alone in the Dark, que é unha das franquicias do sector dos videoxogos que máis está a aguantar no mercado. Alone in the Dark: Near Death Investigation será así un novo xogo de Eden Games que se agarda para o 10 de febreiro de 2007, aínda que tamén haberá versións para a PlayStation 3 e para PC.
Só podemos dicir que o novo xogo é abraiante, como se pode ver no seu trailer:

PUBLICIDADE