Almofada con alarma por vibración

luns, 5 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O uso de alarmas sonoras no espertador son todo un problema para as parellas que non comparten horario de traballo, e atendendo a esta tipo de casos no Xapón xa se vende por 5.000 iens (39,5 euros) unha almofada espertador do fabricante Vessel, que permite configurar a súa alarma en modo vibración, de xeito que pode espertar a unha persoa sen molestar á súa parella.
Esta almofada mide 49,5 x 31 x 9 centímetros, pesa 560 gramos, está chea de poliuretano, a súa funda é de poliéster e funciona con 6 pilas AA.

PUBLICIDADE