All-Star Battle Royale sairá á venda o 25 de outubro
martes, 24 de xullo do 2012
Na pasada edición da feira E3 puido verse o xogo
All-Star Battle Royale, coñecido
popularmente como o Super Smash Bros de Sony, por ser un
xogo de loita no que distintos personaxes populares de distintas sagas compiten
por equipos, e dende hoxe sabemos novos detalles sobre este xogo exclusivo para
PS Vita e PS3, como que chegará ás tendas o vindeiro 25 de outubro, e numerosos
personaxes que aparecerán en escena: Big Daddy (BioShock), Cole MacGrath (inFamous),
Coronel Radec (Killzone), Fat
Princess, Heihachi Mishima (Tekken),
Jak e Daxter, Kratos (God of War),
Nathan Drake (Uncharted), PaRappa (PaRappa the Rapper), Sly Cooper, Sweet
Tooth (Twisted Metal) e Toro Inoue (Together Everywere).
Nas vindeiras semanas coñeceremos máis personaxes deste xogo que destacará por
soportar a funcionalidade de Cross-Play
(permitindo competir a usuarios de PS3 e PS Vita en tempo real) e que polo
momento xa ten confirmado os modos de xogo Pruebas
de combate (con desafÃos singulares) e Arcade
(para avanzar por niveis predeterminados).