Aliens: Colonial Marines chegará a primeiros de 2013
luns, 21 de maio do 2012
A
franquÃa cinematográfica de Aliens
sempre estivo moi activa no mundo dos videoxogos, e para continuar a explotar o
filón o
12 de febreiro de 2013 chegará ás tendas o agardado Aliens: Colonial Marines para Xbox 360, PlayStation 3 e Windows
PC (a versión para Wii U anunciarase máis adiante), o que supón un adiamento
máis de 2012 a 2013 dun grande lanzamento, o que en boa medida impedirá que
aproveite o pulo da pelÃcula Prometheus na que Ridley Scott narrará
os acontecementos previos á primeira pelÃcula da saga de Aliens.
- Un grupo de Colonial Marines deberá enfrontarse a mortais xenomorfos no novo xogo que Gearbox está a desenvolver para SEGA
O novo videoxogo de SEGA está a ser desenvolvido por Gearbox Software e tomará
a forma de shooter en primeira
persoa, amosando uns gráficos impactantes e contando con modos de xogo
individual, cooperativo e competitivo. O punto de vista será en primeira persoa
se tomamos o rol dun membro dos Colonial Marines, mentres que se optamos por
ser un xenomorfo (alien) o punto de vista será en terceira
persoa.
O xogo pretende continuar co éxito de tÃtulos como ALIENS vs PREDATOR, que en 2009 foi un dos máis vendidos por parte
de SEGA, e levará a acción á nave U.S.S. Sulaco, aparentemente deserta, e na
que o equipo de Colonial Marines dos EE.UU. que a abordan descubrirán polas
malas o que aconteceu coa súa tripulación. Tamén poderá visitarse a superficie
do planeta LV-426 e a súa colonia humana, facendo uso das armas inspiradas nas
pelÃculas e construÃndo asà un novo capÃtulo deste rico universo de ficción.
Trailer do xogo