Alan Wake adianta o seu lanzamento ao 14 de maio
mércores, 7 de abril do 2010
Nas últimas horas
anunciouse oficialmente o remate do desenvolvemento do agardado xogo Alan Wake, previsto para o seu
lanzamento para o vindeiro 28 de maio, sorprendendo que modifiquen esta data para mellor, adiantando a data de
comercialización en España ao 14 de maio. Microsoft vai
comercializar unha edición estándar do xogo a 64,99 euros, e outra limitada para
coleccionistas a 74,99 euros.
Alan Wake é un xogo de acción e
terror exclusivo para Xbox 360, desenvolvido por Remedy (estudo creador da saga
Max Payne) e que estrea un novo xeito
de narrar historias e somerxe aos xogadores nunha aventura onde a escuridade e
os pesadelos serán os meirandes inimigos. Estará estruturado en capÃtulos coma
se dunha serie de televisión se tratase e aÃnda que está recomendado para
maiores de 16 anos, é de agardar que teña unhas vendas globais moi importantes.