AirType, a tecnoloxía que busca substituír ao teclado físico
luns, 9 de xuño do 2014
Como alternativas aos teclados físicos teñen xurdido
solucións como teclados proxectados por láser e, principalmente, teclados
virtuais en pantalla, de xeito que poidamos gozar en mobilidade dunha
experiencia que poida asemellarse ao emprego dun teclado tradicional, o que
para a redacción de longos textos está moi lonxe de conseguirse, e nesa
dirección propoñen agora AirType, uns
accesorios que poden colocarse sobre as mans para recoñecer os movementos das
mesmas, aprendendo os movementos que fan nun teclado físico, para recoñecelos
aínda que non teñamos un teclado baixo os dedos, polo que funcionarían como “un
teclado sen teclas”.
Esta solución non só permitiría replicar os movementos que realizamos en
teclados tradicionais, senón que consistiría nun produto de reducido tamaño e
peso, que podería transportarse comodamente enganchando os seus elementos no
noso tablet, sen ter que cargar con aparatosos teclados, para o que acompañaría
os seus dispositivos físicos con aplicacións móbiles que realizasen a predición
de texto e a corrección automática que permitirse funcionar a este
revolucionario xeito de interactuar con dispositivos sen teclado físico.
Este proxecto aínda está en desenvolvemento, pero parece bastante solvente se
atendemos a que entre os seus mentores están figuras como Josh Baer, Bob Metcalfe ou Ben Dyer, entre outros.
Vídeo promocional do AirType