Age of Empires celebra os seus 25 anos cunha nova entrega
venres, 29 de outubro do 2021
A serie de xogos de estratexia en tempo real Age of Empires,
nacida en 1996, segue moi viva pese á súa lonxevidade, e estrea unha das súas
entregas principais, Age of Empires IV, que está xa
dispoñible na tenda de Microsoft, en Steam
e tamén para subscritores de Xbox Game Pass para PC e Xbox Game Pass Ultimate.
Estamos a 16 anos de Age of Empires III, polo que este lanzamento é extraordinariamente
importante para os amantes dos xogos de estratexia en tempo real, que agora
poderán gozar dun tÃtulo que conta con 8 civilizacións distintas, 4 campañas
cativadoras, modo multixogador, escaramuzas (enfrontamentos contra a IA),
vÃdeos desbloqueables, desafÃos da Arte da Guerra (retos que axudan a
perfeccionar habilidades) e moitos máis detalles que completan unha ambiciosa
produción que manterá a moitos xogadores enganchados durante anos.
Con Age of Empires IV estamos ante un xeito magnÃfico de celebrar os 25
anos desta serie que na súa historia vendeu máis de 25 millóns de copias, pero
que agora poderá chegar a máis público que nunca grazas á súa integración no
Game Pass (que conta cuns 18 millóns de subscritores).
- Esta nova entrega mantén a esencia da saga, tirando proveito das posibilidades dos equipos actuais, polo que loce un grande nivel de detalle
Tráiler de lanzamento de Age of Empires IV