After The War é o novo xogo de acción para PC de FX Interactive
xoves, 1 de setembro do 2011- After The War ten momentos nos que a súa mecánica de xogo é de hack and slash
FX Interactive
achegará o vindeiro dÃa 22 ao mercado español por só 19,95 euros o xogo para PC After The War,
que vén a ser a edición internacional de Collapse,
con personaxes e inimigos dobrados ao español, manual a cor, guÃa oficial do
xogo con trucos, 300 puntos FX (valorados en 3 euros) para a FX Classics Store
e servizo de atención ao cliente en español (que inclúe pistas por teléfono).
After The War é unha superprodución
de acción e aventura ambientada nun mundo post-apocalÃptico que combina
xogabilidade de distintos xéneros (hack and
slash, shooter e quick time events) e é exclusivo de PC.
A historia sitúase no ano 2049, tras unha guerra entre China e EE.UU. que
deixou ao planeta destruÃdo, e onde Rusia é o derradeiro refuxio da
civilización, con superviventes divididos en clans, que deberán loitar contra
unha inesperada e letal ameaza: unha invasión de criaturas alienÃxenas que
busca dominar a Terra.
VÃdeo no que podemos ver a captura de movemento realizada durante o desenvolvemento do xogo
- Non faltarán grandes criaturas alienÃxenas ás que ter que enfrontarnos mediante combinacións de quick time events
- Para enfrontarse a algúns inimigos o xogo convértese nun shooter