Afro Samurai chegará ás consolas de videoxogos a primeiros de 2009

mércores, 8 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A miniserie de animación (inspirada nun manga de Takashi Okazaki) producida por Samuel L. Jackson, Afro Samurai, de grande éxito dende o seu lanzamento en 2007 (converténdose xa nunha obra de culto) por combinar con mestría a cultura xaponesa e o hip hop, chegará a Europa en forma de videoxogo a primeiros do ano que vén, e de cara á edición do Tokyo Game Show que comeza mañá xa presentan imaxes deste impresionante título para PlayStation 3 e Xbox 360 que non esquecerá unha ambientación musical da man de RZA (do Wu Tang Clan), quen creou música para películas como Kill Bill, Danny the Dog, Blade: Trinity e Ghost Dog.
A música non será algo superfluo no xogo, senón que tamén afectará á intelixencia artificial que controla aos inimigos aos que se enfronta Afro na súa busca do asasino do seu pai. O xogo tamén conservará as voces orixinais da serie animada, na que destacaban o propio Samuel L. Jackson, Ron Pearlman e Kelly Hu.


Un dos primeiros trailers de Afro Samurai

PUBLICIDADE