Aerosmith podería ter gañado máis cartos con Guitar Hero que con calquera dos seus discos
mércores, 17 de setembro do 2008
A influenza dos
videoxogos no sector musical é algo innegable, e aínda que a Industria
discográfica tardou en ser consciente do potencial detrás dos xogos musicais,
agora loitan por facerse un oco en títulos coma Rock Band ou Guitar Hero,
e non é para menos, pois o director xeral de Activision, Bobby Kotick asegurou
que a
versión de Aerosmith do «Guitar Hero xerou
uns ingresos moi superiores aos de calquera álbum de Aerosmith»,
e a participación do grupo no xogo afectou moi positivamente a sinatura de
contratos e á venda de entradas para concertos e merchandising.
O xogo xerou máis de 50 millóns de dólares en vendas directas durante os seus
primeiros 3 meses nas tendas, tempo no que dende Aerosmith recoñeceron que se
incrementaran as vendas dos seus discos nun 40%, polo que aínda que
as afirmacións de Kotick non estean confirmadas (lembremos que o álbum Get A Grip vendeu uns 15 millóns de
copias en todo o mundo) non hai dúbida sobre a importancia que teñen agora os
videoxogos no mundo da música.