Adobe reforzará o uso da IA xenerativa na edición de vÃdeo
luns, 15 de abril do 2024
Tras unha grande integración da intelixencia artificial xenerativa en Photoshop, Adobe prepárase para facer o mesmo co vÃdeo en Premiere Pro, e adianta algúns dos avances que implementará este mesmo ano, revolucionando os fluxos de traballo en edición de vÃdeo.
Un dos detalles máis interesantes da integración da intelixencia artificial xenerativa por parte de Adobe é que non vai limitarse a incorporar o modelo de vÃdeo xenerativo de Adobe Firefly, senón que vai abrirse a modelos de terceiros como Sora (de Open AI), Pika e Runway, o que suporá unha grande vantaxe para os usuarios das ferramentas de edición de Adobe, xa que terán máis doada a integración de vÃdeos creados mediante IA nos seus traballos.
Entre as posibilidades da IA xenerativa no vÃdeo temos a posibilidade de estender vÃdeos (ampliando a duración dun vÃdeo que se quedou curto, sen mudar a súa velocidade, incorporando máis fotogramas en función do vÃdeo actual); a eliminación e o borrado de obxectos na imaxe (funcionalidade bastante madura en Photoshop, que agora poderá aplicarse a vÃdeo); e a creación de b-roll mediante IA xenerativa (para asà contar con planos de recurso para enriquecer unha montaxe).
Actualmente o Premiere Pro xa facÃa un uso intensivo da IA para mellorar a voz, transcribir vÃdeos, permitir a edición de vÃdeos a través da súa transcrición, detectar os cambios de escena, reencadrar a imaxe... e agora vai un paso máis aló, trasladando grandes ferramentas presentes en Photoshop, pero aplicadas agora ás imaxes en movemento, o que pode aforrar moito tempo de edición.
Adianto das novidades que preparan para Premiere Pro baseadas en IA xenerativa