Adiantan parte das especificacións do HTC One X

venres, 17 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Como vén a ser habitual, parece que de cara ao Mobile World Congress de Barcelona son moitas as filtracións dos produtos que buscan captar a atención dos medios especializados en tal eventos, como o HTC One X, que parece ser a grande aposta do fabricante taiwanés para poder competir en deseño e delgadeza (terá un grosor de menos de 10 milímetros) cos terminais máis avanzados de Samsung e Motorola.
O HTC One X sería un móbil con pantalla Super LCD de alta definición de 4,7 polgadas, procesador de catro núcleos nVIDIA Tegra 3, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento (non ampliable mediante tarxetas microSD), Beats Audio, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles, LED para notificacións, radio FM e batería de 1.800 mAh. Funcionará con Android 4.x, empregará tarxetas micro SIM e, ao igual que o Samsung Galaxy Nexus, carecerá de botóns físicos frontais. Tamén espérase que saia unha versión deste impresionante móbil con conectividade LTE (nos países nos que este tipo de redes teñan unha boa implantación).

PUBLICIDADE