Adiantan os que serán os Xogos con Gold de outubro

mércores, 26 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Hitman: Blood Money é o cuarto xogo da franquía do asasino a soldo coñecido como Axente 47

Antes do anuncio oficial, Larry Hryb, voceiro da división de Xbox, desvelou os que serán os Xogos con Gold do mes de outubro, que por segundo mes consecutivo decepcionan en Xbox One, cos títulos independentes Overcooked de Tem17 Digital e Victor Vran de Haemimont Games.
Máis atractivos son sen dúbida os xogos de Xbox 360, que grazas á retrocompatibilidade poderán gozarse tamén en Xbox One, como son Stuntman: Ignition¸ un xogo frenético de condución no que haberá que facer manobras temerarias en vehículos de motor en gravacións de filmes ou anuncios; e completará o mes Hitman: Blood Money, a cuarta entrega das aventuras do Axente 47, na que terá que competir no seu negocio de asasinatos a soldo cunha axencia rival.

Stuntman: Ignition instanos a facer tolerías con distintos vehículos para demostrar a nosa pericia como especialista de gravacións audiovisuais

PUBLICIDADE