Adiantan cómo será a versión móbil de Bioshock
martes, 17 de febreiro do 2009
Os
videoxogos tamén xogaron un importante papel no Mobile World Congress, e a editora de xogos para móbiles Indiagames
amosou aos asistentes ao evento o que será a versión
móbil do impresionante Bioshock
(actualmente dispoñible para Xbox 360 e PS3), que supón todo un reto pois
falamos dun xogo con espectaculares gráficos en alta definición que serÃan
imposibles de trasladar as pequenas pantallas dos móbiles e que finalmente dará
lugar a dous tipos de xogo: un 2D e outro 3D (dependendo da potencia do
terminal ao que se dirixa).
Os responsables do xogo aseguraron ter capturado a esencia do tÃtulo orixinal
na súa edición 2D, o que resulta especialmente rechamante, mentres que a
versión 3D lembra a outras conversións de xogos de acción en primeira persoa
para terminais coma o iPhone, e que poderÃa satisfacer a boa parte do público
(gardando as distancias entre os tamaños de pantalla dun dispositivo móbil e
dunha consola de videoxogos doméstica).
Parece que este traballo de conversión do xogo non é un proceso sinxelo, pois a
versión móbil de Bioshock xa se anunciara no Mobile
World Congress do ano pasado, e aÃnda non está lista para a súa
comercialización, que é de agardar que sexa en breve.
VÃdeo no que se reproduce a presentación do trailer do xogo durante o MWC