Adiantan 11 novas cancións para Rock Band 2

venres, 4 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A chegada de Rock Band: Opening Act ao mercado norteamericano en setembro (na súa versión de Xbox 360) continúa a crear expectación, e trala publicación dunha listaxe de 9 cancións do futuro xogo, agora volven a filtrar máis temas á opinión pública.
Nesta ocasión parece que o accidente só durou unhas horas e a listaxe de novas cancións se eliminou ao detectarse, o que non impediu que se difundise por foros e blogs de xeito que estarían case confirmadas as seguintes cancións:
- Man in the Box de Alice in Chains
- We Got The Beat de The Go Go
- American Woman de The Guess Who? (ou Lenny Kravitz)
- White Wedding de Billy Idol
- Aqua Lung de Jethro Tull
- Bad Reputation de Joan Jett
- One Step Closer de Linkin Park
- Peace Sells de Megadeath
- You Oughta Know de Alanis Morissette
- Testify de Rage Against The Machine
- Spoonman de Soundgarden
Sumaríanse así aos nove temas que se deron a coñecer hai pouco:
- Pannic Attack de Dream Theater (ou Finger Eleven)
- Chop Suey de System of a Down
- Give It Away dos Red Hot Chili Peppers
- Everlong de Foo Fighter
- Kids In America de Kim Wilde
- Ace of Spades de Motörhead
- Hello There de Cheap Trick
- Anyway You Want It de Journey
- Pinball Wizard dos The Who
E consolídase así unhas das ofertas máis sólidas deste tipo de títulos, dando a impresión de que está a mellorar o catálogo inicial da súa anterior entrega.

PUBLICIDADE