Adaptan o motor Unreal Engine 3 para o iPhone

mércores, 23 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Epic, a compañía que desenvolve o motor co que funcionan grandes títulos coma Batman Arkham Asylum conseguiu non só adaptarse ás consolas domésticas de alta definición, senón que tamén avanza en dispositivos móbiles, e a versión para a iPhone/iPod Touch estaría a piques de presentarse con este novo motor.
Pode parecer imposible que o nivel de detalle poida plasmarse na pantalla dunha consola portátil, pero hai que ter en conta que o iPhone/iPod Touch teñen unha resolución de pantalla bastante cativa, de aí que o Unreal Engine 3 poida operar perfectamente.
A adaptación do Unreal Engine 3 ao iPhone e o iPod Touch sería así algo máis lixeiro do que poderiamos pensar con anterioridade, e serviría para levar a experiencia dun xogo estreoscópico na palma da man, así como para adaptar títulos xa desenvolvidos con Unreal.
Incluso rumoréase que tras saír para iPhone 3GS (o modelo do terminal de Apple con maior potencia), os terminais con Android serían os vindeiros en recibir o novo sistema operativo móbil inspirado no Linux.


Demostración do funcionamento da PSP

PUBLICIDADE