Adaptan Metal Slug ao iPhone
martes, 29 de decembro do 2009
Os afeccionados aos xogos de
máquinas recreativas teñen un novo tÃtulo no iPhone que polo momento só está dispoñible
nos EE.UU. a un prezo de 4,99 dólares pero que é de agardar que nos
vindeiros dÃas chegue a España (presumiblemente a 3,99 euros), e que non é nada
menos que unha conversión do clásico Metal
Slug.
Metal Slug Touch conserva os gráficos
da máquina recreativa orixinal, pero sorprende por non permitir controlar ao
soldado protagonista, senón que manexaremos
o tanque e o avión que aparecÃan en certos momentos da recreativa, e que
desta volta móvense facendo uso do acelerómetro e combinando este sistema de
control coa pantalla táctil do terminal (para realizar disparos e saltos). Unha
curiosa revisión dun tÃtulo que saltou a numerosas plataformas nos últimos
anos, e que agora ten unha adaptación con certo carácter diferencial.
Demostración do xogo no iPhone/iPod Touch