Acer tamén terá un tablet de 7 polgadas con Android 4.1
martes, 14 de agosto do 2012
Parece que o Nexus 7 de Google non vai quedar só como tablet
con Android 4.1 e pantalla de 7 polgadas, senón que outros fabricantes aparte
de Asus tamén queren loitar por ese formato de dispositivos se atendemos á
tenda en liña Ebuyer, que permite reservar
por 179,99 libras esterlinas (228,58 euros) o tablet Acer Iconia A110, que
funciona cun procesador de catro núcleos nVIDIA Tegra 3, 1 Gb de memoria RAM, 8
Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb),
pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, cámara para
videoconferencia, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, micro HDMI, unha baterÃa de 12,65
W (3.420 mAh) e, como xa comentamos, Android 4.1.
AÃnda non se coñece a data na que chegará este novo trebello ás tendas (suponse
que en setembro), pero cómpre destacar que non chega a superar ao Nexus 7,
principalmente por ter unha pantalla cunha resolución inferior, unha baterÃa de
menor capacidade e carecer de GPS e NFC.