Acer presenta un tablet hÃbrido con Windows 7
mércores, 16 de febreiro do 2011
O Mobile World
Congress de Barcelona foi o escenario elixido para a presentación do Acer
ICONIA Tab W500, un novo produto que presume
de combinar o mellor dos PC e o mellor dos tablets, xa que estamos ante un tablet
hÃbrido ao que pode engadirse unha base con teclado, porto Ethernet e un porto
USB. Este equipo funciona cun procesador AMD C-50, ten 2 Gb de RAM, gráfica AMD
Radeon HD6250, 32 Gb de almacenamento interno, pantalla táctil LED de 10,1
polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, Wi-Fi, 3G, Bluetooth 3.0,
dobre webcam de 1,3 MpÃxeles e o sistema operativo Windows 7.
AÃnda non se coñece a súa data de lanzamento, pero si adiantaron
os seus prezos, que serán de: 499 euros con Wi-Fi e sen teclado, 599 euros
con 3G e sen teclado ou con Wi-Fi e con teclado, e a 649 euros con 3G e
teclado.
- O Acer ICONIA Tab W500 pode funcionar coma un tablet ordinario ao utilizalo sen teclado