Acer presenta económicos equipos 2-en-1 baseados en Windows 10

venres, 27 de maio do 2016 Marcus Fernández

De cara ao Computex de Taipei, feira que desenvolverase a semana que vén, Acer presenta distintos equipos que levará alí, equipados con Windows 10 e lector de pegadas dixitais para tirar proveito da seguridade de Windows Hello, o que sumado ás posibilidades de realizar anotacións sobre páxinas web con Microsoft Edge e o uso do asistente Cortana, buscan achegar interesantes innovacións a prezos bastante axustados.
Así temos o Acer Switch V 10, un equipo 2-en-1 que destaca pola súa delgadeza, que conecta a súa pantalla co teclado mediante o Acer Snap Hinge (unha bisagra magnética moi cómoda) de xeito que pode empregarse en distintas posicións para adaptarse a usos diversos (tableta, portátil, pantalla...). O equipo conta cunha pantalla IPS de 10,1 polgadas, porto USC-C, dobre cámara e unha autonomía de até 9 horas, prestacións bastante boas para un equipo que sairá á venda este ano a un prezo de 249 dólares.
Un pouco máis económico resultará o Acer Switch One 10, que ten un deseño menos compacto, unha autonomía de até 8 horas e sen as vantaxes que achega o porto USB-C, de aí que custe 199 dólares cando chegue ao mercado norteamericano en xullo.
En ambos casos falamos de equipos con procesadores Intel Atom de nova xeración, que cos seus catro núcleos deberían ser dabondo para a meirande parte de usos non profesionais, buscando principalmente coa súa configuración ter unha magnífica autonomía e un prezo moi reducido.

O Acer Switch V 10 pode colocarse en distintas disposicións adaptándose así a distintos usos

PUBLICIDADE