Acer lanza un portátil con procesador de 4 núcleos e pantalla de 18,4 polgadas

martes, 30 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que lle pidan moita potencia a un ordenador portátil aínda que iso reduza a súa mobilidade poden facerse co novo Acer Aspire 8930G-7665, que entra na gama Gemstone Blue, e sorprende por operar un procesador Intel Core 2 Quad a 2,0 GHz, con 4 Gb de RAM, 500 Gb de disco duro a 7.200 rpm, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9700M GT con 512 Mb de memoria e unha pantalla Acer CrystalBrite TFT de 18,4 polgadas con tecnoloxía HD CineCrystal (cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles).
Tampouco lle fala lector de tarxetas de memoria 6-en-1, tecnoloxía sen fíos Wireless N, cámara web, unidade de disco Blu-ray e o sistema operativo Windows Vista Premium, conseguindo unhas prestacións máis propias dun equipo de sobremesa, pois incluso é capaz de reproducir vídeo en alta definición en pantalla, aínda que o seu prezo é un tanto elevado, partindo dos 1.799 dólares nos EE.UU.

PUBLICIDADE