Acer anuncia un novo tablet con Android 4.0 para o mes de abril

martes, 24 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Tras o CES, e á espera de deixarse ver no Mobile World Congress de Barcelona, anunciouse o tablet Acer Iconia Tab A510, que con procesador de 4 núcleos nVIDIA Tegra 3 a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 16-64 Gb de almacenamento, mini-USB, mini-HDMI e unha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles chegará ás tendas europeas en abril a un prezo de 500 euros. Tamén contará cunha versión con conectividade 3G.
Resulta un tanto rechamante que este equipo pretenda venderse a un prezo tan elevando, tendo en conta que compite con dispositivos semellantes como o Transformer Prime ou cun potencial iPad 3 (que podería presentarse en febreiro/marzo e contaría cunha pantalla cunha resolución moi superior), polo que non parece que esteamos ante un produto que vaia ser moi popular, aínda que polo que puido verse do dispositivo, o seu funcionamento parece máis que fluído:

O prototipo de Acer Iconia Tab A510 funciona con Android 4.0.3

PUBLICIDADE