Acer Z3-700, un todo-en-un táctil con batería que custará 599 euros
martes, 13 de outubro do 2015
Onte Acer presentou un novo equipo a medio camiño entre
todo-en-un e unha tableta, xa que o Acer
Z3-700 non só é unha pantalla Full HD de 17,3 polgadas que integra un ordenador
con Windows 10, senón que tamén conta cunha batería que lle dá unha autonomía
de até 5 horas, de xeito que poderíase alternar o seu os entre ordenador de
escritorio e tableta xigante.
O Acer Z3-700 poderá configurarse con procesadores Intel Pentium/Celeron, até 8
GB de RAM e almacenamento SSD/HDD, de xeito que teriamos un equipo cunhas prestacións
moderadas na liña do seu prezo, que a finais de ano partirá de 599 euros, o que
parece máis que razoable para un equipo tan versátil.
- O Acer Z3-700, coas súas 17,3 polgadas pode funcionar como unha tableta xigante