Accesorio para xogar aos birlos na Wii
venres, 19 de xuño do 2009
A consola
doméstica de Nintendo ten boa parte da súa forza nos seus controladores de xogo
básicos (o Wiimote e o Nunchuk) pero moitos fabricantes, en vez de desenvolver
periféricos novos, decidiron crear adaptadores que convertan estes mandos en
raquetas de tenis, volantes ou pistolas, pero dende CTA Digital non teñen
pudor, e levan esta experiencia moito máis aló cunha bola
de birlos para a Wii.
Este realista accesorio permite converter o Wiimote nun controlador perfecto
para os xogos de birlos, incluÃndo os 3 buratos para meter os dedos para
suxeitar a bola e incluso cunha correa para evitar que lancemos a bola contra o
televisor.
En España pode sorprender que cheguen a comercializar un adaptador deste tipo,
pero en boa medida responde á esaxerada cantidade de xogos de birlos que hai nos
EE.UU. coma Brunswick Pro Bowling, Ten Pin Alley 2, AMF Bowling: World Lanes, AMF
Bowling: Pinbusters e mesmo tÃtulos con minixogos coma Game Party 2 ou o xa clásico Wii
Sports.
Se este produto resulta rechamante, non o son menos as luvas
que vende o mesmo fabricante, e que servirÃan para dar máis realismo
a xogos de loita coma Punch-Out, Victorious Boxers: Revolution, FaceBreaker: K.O. Party, Ready 2 Rumble: Revolution ou o propio
xogo de boxeo de Wii Sports. Neste
caso, as luvas non só servirán para suxeitar o Wiimote, senón que tamén acollen
ao Nunchuk, facendo máis realista a sensación de loita a dúas mans.