Academia Postal organiza un curso de protección de datos en Ourense

xoves, 25 de setembro do 2008 Raquel Noya

As máis das veces, as pequenas e medianas empresas que queren ter protexidos os seus datos privados teñen que facer verdadeiros esforzos económicos para poder contratar diversos servizos externos que se encarguen de facelo por elas.
En base a isto, o vindeiro día 10 de outubro, dará comezo en Ourense unha nova edición do curso A protección de datos de carácter persoal na empresa, organizado por Academia Postal. A actividade vai encamiñada a permitir que os asistentes saian capacitados para realizar a protección de datos das súas empresas sen ter que recorrer aos custosos servizos de outras compañías externas.
O curso terá unha duración de 34 horas e desenvolverase en horario de venres de 20:00 a 22:00 horas e sábados de 09:00 a 13:00 horas.
O custe da formación, que se todo vai dentro do previsto, rematará o vindeiro día 21 de novembro, será de 420 euros e poderá ser bonificado integramente nas cotas da seguridade social se se desexa.
A data límite de inscrición remata o vindeiro martes día 30 de setembro e os interesados en bonificalo deberán entregar antes dese día o convenio asinado, a ficha do alumno e a fotocopia da cabeceira dunha nómina do traballador.
O teléfono de contacto para recibir máis información sobre o curso é o 988 247 269 e o fax é o 988 241 183.

PUBLICIDADE