Ábrese a reserva dos cascos de realidade mixta de Acer e HP para desenvolvedores norteamericanos
xoves, 11 de maio do 2017
A actualización
do outono de Windows 10 continuará a avanzar na introdución da realidade
mixta para o que Microsoft presentou o primeiro control de movemento sen
necesidade de marcadores. Estes mandos ofrecen un seguimento do movemento sobre
o campo de visión, facendo uso dos sensores dos cascos do Windows Mixed
Reality, de xeito que non hai que instalar hardware sobre as paredes, Estes
cascos sairán á venda a finais de ano, e no caso de Acer o venderá en lote o
casco co control de movemento a un prezo de 399 dólares, esixindo un hardware
bastante asumible (falamos de ordenadores duns 500 euros, en vez de equipos de
máis de 1.000 euros como acontece cos sistema de realidade virtual actuais).
Para que os desenvolvedores poidan ir avanzando na creación de contidos para
estas novas experiencias de realidade mixta dende EE.UU. e Canadá xa poden
reservarse (para recibirse no verán) os
kits de desenvolvemento de Acer e HP cun prezo de 299 e 329 dólares
respectivamente, de xeito que así xa se poderá comezar a gozar destes cascos de
realidade mixta que integrarán un par de pantallas de cristal líquido cunha
resolución de 1.440 x 1.440 píxeles cada unha cun refresco de 90 Hz, que
buscarán achegar unha experiencia híbrida entre a realidade virtual e a
realidade aumentada.
Vídeo de presentación do novo control de movemento para a realidade mixta de Windows