Ábrese a reserva do 3º volume de La historia de Nintendo

luns, 31 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A editorial Héroes de Papel continúa a facer un repaso da traxectoria da compañía de videoxogos nipoa por excelencia, Nintendo, e abre a reserva do terceiro volume de La Historia de Nintendo de Florent Gorges (director da editorial Omaké Books), no que abordan unha etapa chave na evolución da compañía de Kyoto, como foi a Famicom ou NES, consola que marcou o inicio dunha familia de máquinas para o mercado doméstico.
Este libro de 246 páxinas en edición de luxo a toda cor inclúe tamén un capítulo sobre La historia de NES en España por Marçal Mora de Retromaquinitas. Esta edición actualizada e ampliada do volume de Gorges chegará ao mercado o 30 de xaneiro a un prezo de 22 euros.

PUBLICIDADE