Abertas as pre-inscricións para edición 19 de XGN R Encounter
martes, 10 de setembro do 2019
A
Feira Internacional de Galicia Abanca acollerá do 11 ao 13 de
outubro a décimo novena edición do histórico encontro informático
xuvenil XGN R Encounter, que chega á súa terceira convocatoria con
patrocinio e colaboración de R (19 edicións en total). A cita, que
tamén contará co apoio da Consellería de Política Social, abriu o
seu prazo de pre-inscrición este 10 de setembro.
Pola
súa banda, o prazo de reservas comezará ás 10.00 h do martes 17 de
setembro. Segundo informan as entidades organizadoras, “será
daquela cando os rexistrados poderán tamén seleccionar os seus
postos, o que facilitará aos participantes que acudan en grupo
situarse na mesma zona da party”. O prezo de participación
con reserva será de 35 euros e poderase realizar a través da web,
mentres que o custo na billeteira será de 40 euros.
Nesta
edición a macro-quedada volve contar coas súas tres zonas: a
Intranet, na que os inscritos poderán gozar dun posto con
conexión á rede que lles permitirá navegar a 10 Gbps de velocidade
e terán dereito tanto a acampar no interior do pavillón como a
participar en torneos exclusivos; a Extranet, cun completo
programa de actividades tanto para rexistrados como para visitantes,
e a súa Zona Expositiva, con presenza de empresas
relacionadas co material informático, novas tecnoloxías e lecer
electrónico.
A
cita abrirá as súas portas de xeito non oficial o día 10 pola
tarde. A apertura “oficial” será o día seguinte.
Haberá
melloras e novidades, co obxectivo de situar o encontro entre os máis
importantes de España: na cabeza da clasificación das partys
estatais. Segundo informa R, para tal fin “serán determinantes”
os vencellos coa rede de Encounters do Grupo Euskaltel a través da
súa Fundación, que vén desenvolvéndose en Euskadi desde hai 25
anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa
Encounter, a Araba Encounter e a Technium R Encounter de
Ourense.
A
última edición da cita galega, que se celebrou do 12 ao 14 de
outubro do ano pasado, supuxo “un gran paso nun proxecto de
crecemento que xa comezara na súa convocatoria anterior e que en
2018 destacou pola notábel cantidade e calidade das actividades, o
maior confort dos asistentes e a gran estabilidade da rede”,
sinalan as entidades organizadoras, que salientan tamén o alto
número de inscritos na dita convocatoria, que ascendeu a preto de
900 (fronte aos 800 da cita anterior).