ARTeria Noroeste anuncia novos cursos de tratamento de son, imaxe e vídeo
mércores, 16 de febreiro do 2011
ARTeria Noroeste vén
de facer público (na
Rede social Facebook) o seu programa de formación tecnolóxica para as
vindeiras semanas de febreiro e marzo, e nel inclúe cursos de fotografía, son e
vídeo para tódalas persoas interesadas en adquirir formación específica neste
eido.
Estes cursos darán
comezo o vindeiro 21 de febreiro co dedicado ao Podcast, no que as persoas asistentes poderán profundizar os seus
coñecementos nesta ferramenta de tratamento de contidos de son para a Rede.
Terá lugar do 21 ao 24 de febreiro e nel, o profesor Antonio Giganto,
profesional da RNE, mostrará as
posibilidades deste programa de comunicación, tales como a gravación, edición
ou tratamento de programacións radiofónicas destinadas a ser colgadas en
Internet.
Posteriormente, do 5
ao 26 de marzo, en horario de 10:00 a 15:00 horas, terá lugar no mesmo recinto
o curso de Edición dixital de vídeo con
Avid Media Composer, que impartirá o profesional do sector, David Pardo.
Trátase dunha proposta formativa dirixida a
estudantes de cine, comunicación, artes plásticas ou calquera persoa con
motivacións na aprendizaxe da linguaxe audiovisual que empregará o sistema de
edición dixital máis empregado na industria audiovisual actualmente: o Avid.
Asemade, do 14 ao
22 de marzo, da man do profesor Graham Newey, levarase a cabo un curso sobre Home Studio, unha
proposta formativa dirixida ás persoas afeccionadas á gravación de son en
xeral, que queiran aprender a sacarlle partido ao seu equipo caseiro.
Este obradoiro permitirá que os alumnos e
alumnas desenvolvan un proxecto propio durante a actividade, baixo a orientación
do produtor e artista Graham Newey.
Para concluir o
programa, ARTeria Noroeste fai unha proposta formativa en fotografía dixital,
que inclúe dous cursos: un de iniciación e outro de perfeccionamento, que terán
lugar do 9 de marzo ao 1 de xuño os luns e os mércores.
Ámbolos dous
serán impartidos por Rafa Pasadas e dependendo dos coñecementos en fotografía
das persoas asistentes, este profundizará máis ou menos nos programas de
edición Photohop ou Lightroom.
No caso do
obradoiro de perfeccionamento, o temario inclúe diferentes modalidades de
fotografía creativa profesional, tales como retrato, moda, xornalismo, eventos,
deporte... que os alumnos tratarán de descubrir e tratar con programas de
edición e maquetación específicos.