ARCHOS presenta un teclado-tapa para iPad

venres, 25 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O novo teclado de ARCHOS inclúe atallos para certas funcións de iOSO ano pasado o fabricante francés ARCHOS incorporou tapa convertible en teclado a varios dos seus tablets, e inspirándose en tal iniciativa, presentan agora o teclado Bluetooth ARCHOS Design para iPad, un teclado completo QWERTY magnético compatible con iPad 2 e novo iPad que ten só 5 milímetros de grosor e conta cun pé de apoio regulable. A súa carcasa é de aluminio e vai chegar ao mercado en marzo a un prezo de 69 euros, sendo unha solución bastante axeitada para quen desexe utilizar o iPad para labores de produtividade.
Entre as vantaxes deste teclado está o feito de que adhírese magneticamente ao iPad, o que resulta moi cómodo durante o transporte (protexendo a pantalla e apagando/acendendo automaticamente a pantalla do tablet segundo estea a tapa posta ou non), a súa batería (recargable por USB) ten unha autonomía de meses e o teclado QWERTY, aparte das teclas habituais, tamén inclúe numerosos accesos directos para iOS. Este teclado mide 241 x 186 x 5 milímetros e pesa 240 gramos.

O novo teclado de ARCHOS inclúe atallos para certas funcións de iOS

PUBLICIDADE