ARCHOS presenta un novo tablet con Android 4.0 e pantalla de 8 polgadas

mércores, 31 de outubro do 2012 Marcus Fernández

ARCHOS continúa a ampliar a súa familia de tablets Elements, que estrea o seu 3º integrante, o ARCHOS 80 Cobalt, un dispositivo que opta por unha pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles (tamaño que parece gañar popularidade grazas ao iPad mini), que ten un espesor de 11,5 milímetros e un peso de 470 gramos, funciona con Android 4.0, ten unha capacidade de almacenamento interna de 8 Gb ampliable mediante tarxetas de memoria microSD de ata 64 Gb, cámaras de 2 e 0,3 Mpíxeles e suficiente potencia para un bo desenvolvemento multimedia (o seu procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz está apoiado por un procesador gráfico de catro núcleos e a súa memoria RAM é de 1 Gb).
Polo momento non se detallou a data de lanzamento nin o prezo deste tablet, pero é de agardar que chegue ás tendas en novembro a un prezo de, como moito, 199,99 euros (lembremos que o ARCHOS 97 Carbon con 16 Gb de almacenamento interno custa 249,99 euros).

O novo tablet de ARCHOS chega cunha resolución de pantalla e unhas dimensións que poden lembrarnos ao iPad mini

PUBLICIDADE