ARCHOS anuncia un tablet para a cociña
luns, 13 de maio do 2013
ARCHOS sorprende hoxe anunciando un novo tablet con pantalla
de 9,7 polgadas e sistema operativo Android 4.1 que porá á venda en xuño a un
prezo de 179 euros e que destaca por estar orientado ao seu uso como axundante
de cociña. O ARCHOS
ChefPad funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, cámaras frontal
e traseira de 2 MpÃxeles, reprodución de vÃdeo en alta definición, acceso ao
catálogo de aplicacións de Google Play incluÃndo de balde unha Selección de Aplicacións Chef, coas
melloras apps de cociña con receitas, consellos e vÃdeos que poden axudar a
cociñar. Dende ARCHOS entran asà na selección de aplicacións personalizada, o
que teñen pensado aplicar a outros ámbitos (por exemplo, permitindo adaptar
dispositivos para cativos).
O ARCHOS ChefPad está protexido por unha funda de silicona que o manterá a
salvo de salpicaduras de auga ou alimentos (doada de limpar), incluÃndo tamén un
soporte axustable para poder colocar o dispositivo con cómodo ángulo de visión
mentres se cociña.
Venderase con 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas
microSD, e aÃnda que orienten esta solución a un público moi concreto, o tablet
é totalmente válido para os habituais usos de lecer doméstico.
- O novo tablet de ARCHOS ten unha pantalla de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 pÃxeles e funciona con Android 4.1