AOpen anuncia un miniPC con tecnoloxÃa Santa Rosa
venres, 25 de maio do 2007
Se ben Apple non renovou os seus equipos de tamaño
reducido cos novos procesadores de Intel, AOpen xa ten o seu miniPC Duo
MP965-VDR con tecnoloxÃa Santa Rosa, pensada para ordenadores portátiles
pero moi axeitada tamén para mini-barebones,
polo que son
compatibles cos procesadores Core 2 Duo. AsÃ, pódese contar con
conectividade sen fÃos 802.11n, aÃnda que o novo equipo tamén se comercializa
con opción de Bluetooth, sintonizadora de televisión analóxica/dixital e Intel
Turbo Memory, conseguindo xuntar nunha caixa un pouco máis grande que unha
gravadora de DVD externa un ordenador con grandes prestacións que incluso
permite traballar co Windows Vista e tirar proveito das posibilidades de Media
Center (polo que resulta un atractivo dispositivo para achegar contidos
multimedia ó televisor do salón).