AGalega rexistra un máximo histórico de audiencia en agosto

luns, 2 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Un informe de SigmaDos30 sobre plataformas de vídeo baixo demanda apunta un máximo histórico para a plataforma AGalega, que conseguiu un 2,8% de cota de mercado, o que supón unha mellora de 3 décimas con respecto ao anterior informe, manténdose entre as 20 plataformas máis vistas de España.
A estes datos acompañáronos unha cota de pantalla do 8,7% diario e un 9,7% do prime time, datos que pode considerarse positivo por corresponder a un período marcado pola celebración dos Xogos Olímpicos. Onde segue a despuntar a TVG é nos informativo, tipo de contido que lidera en Galicia.
En total, as canles televisivas da CRTVG conseguiron chegar a 1.756.000 espectadores, o que corresponde ao 66,7% da poboación galega a partir dos 4 anos de idade.