ADICAE organiza unha sesión formativa sobre criptomoedas
luns, 9 de maio do 2022
A Asociación de Usuarios de
Bancos, Caixas e Seguros – ADICAE – organiza unha sesión
formativo sobre criptomoedas o vindeiro mércores 11 de maio ás
18:30h. Á sesión poderase acudir de xeito presencial nas sedes de
ADICAE de A Coruña e Vigo, ou inscribíndose
para participar a
través de
vídeo-conferencia (Zoom).
ADICAE lembra que as criptomoedas e os activos dixitais están cada
vez máis presentes no día a día, “mais a información que os
consumidores reciben non é precisa nin instrutiva”. E engaden: “Na
actualidade, arredor de catro millóns de españois invisten nalgún
tipo de criptoactivo, sendo escasa a educación financeira da gran
maioría. Un exemplo moi claro disto é que case un setenta por cento
das persoas que apostaron polas cripotomoedas pensaban que era un
produto supervisado pola CNMV (Comisión Nacional de Mercados de
Valores). De feito, este órgano supervisor lanzou máis dun aviso
recordando que un dos principais riscos nestes investimentos,
precisamente, é que non están controladas nin reguladas por
ningunha autoridade central, nin estatal, nin europea, nin a nivel
mundial”.
O regulamento sobre criptomoedas vaise perfilando en medidas como a
regulación da súa publicidade, tributación, posesión, etc. A
Comisión Europea presentou en 2020 unha proposta lexislativa sobre
criptomoedas e as autoridades anunciaron a súa intención de regular
a materia, pero un gran número de consumidores seguen sen saber en
que consisten, expoñéndose con isto a estafas, publicidade enganosa
e máis riscos que estas supoñen para os pequenos inversores.