AD Case, o airbag do iPhone
luns, 2 de xullo do 2018
- Philip Frenzel, de 25 anos, é o creador de AD Case
Este mes chegará a Kickstarter na procura de financiamento
un proxecto que está a captar moita atención dos medios nos últimos días: unha
funda para o iPhone que funcionaría dun xeito semellante ao airbag dun automóbil, ou sexa, que activaría
medidas de protección en anticipación a un impacto.
A AD Case é un invento do estudante de
enxeñaría alemán Philip Frenzel, que vén
de recibir un premio da Sociedade Alemá de Mecatrónica por este traballo
que consiste basicamente nunha funda para o smartphone (nun principio
limitarase aos móbiles de Apple a partires do iPhone 6) que desprega 8 patas das
súas esquinas ao detectar unha caída, para impedir que a pantalla do dispositivo
impacte contra o chan.
Temos así unha combinación entre patas retráctiles e tecnoloxía de detección de
caídas, que precisa de enerxía para funciona, de xeito que decidiron integrar
nesta curiosa funda unha batería que pode cargarse sen fíos, de xeito que temos
unha solución que tanto protexe o móbil como serve para ampliar a súa autonomía
ou recargar a súa batería cun cargador por indución.
- AD Case é unha orixinal idea para protexer o iPhone ante caídas
Vídeo no que se amosa o funcionamento da AD Case