A versión para PC de Batman: Arkham Knight recibe unha importante actualización
venres, 4 de setembro do 2015
A odisea dos xogadores de PC de Batman: Arkham Knight parece estar a piques de chegar á súa
conclusión, xa que o xogo de Rocksteady Studios que retirouse
da venda a finais de xuño ante os numerosos problemas técnicos detectados, vén
de recibir unha importante actualización que reduce os problemas de frame rate, optimiza o uso da memoria do
sistema de da VRAM, mellora o desempeño da GPU (de contarmos cos últimos
controladores), conta cunha configuración no xogo máis doada de entender,
arranxa fallos coas texturas de baixa resolución e incluso corrixe os tiróns
provocados cando o xogo corre dende un disco duro mecánico.
Os usuarios que están a probar este parche
aseguran que nos seus equipos o xogo vai considerablemente mellor, pero aÃnda
queda traballo por facer, de xeito que agora os responsables do xogo para PC
están centrados nunha seguinte actualización que corrixa os fallos detectados
en cartas combinacións de hardware e que incorpore o Modo Foto e o soporte para
poder gozar de contidos descargas e do pase de tempada do xogo (como xa fan os
usuarios de PS4 e Xbox One), polo que é de esperar que até dentro de varias
semanas non volva a saÃr á venda a versión para PC de Batman: Arkham Knight.
- Os capÃtulos descargables que van saÃndo para o xogo non estarán accesibles para os usuarios de PC até que consideren que supera uns mÃnimos de calidade (o que parecen ter conseguido con esta nova actualización).