A versión europea de Mortal Kombat vs DC Universe non estará censurada

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os xogos de Mortal Kombat sempre foron moi populares por mor dos seus violentos ataques finais, coñecidos coma fatalities, nos que se incineraba, decapitaba ou desmembraba aos opoñentes de xeito moi espectacular, pero que na súa nova entrega parecía que non ía ser posible tal nivel de violencia xa que nos EE.UU. se quería vender o Mortal Kombat vs DC Universe cunha cualificación que permita o seu uso só para maiores de 13 anos, polo que se suavizaron estes ataques, pero por fortuna para os europeos a versión que se venderá aquí non será así, xa que a cualificación que se emprega no Vello Continente é para maiores de 16 anos, de aí que se poida optar por un nivel de violencia moi superior.
Esta nova está a ser moi ben recibida polos xogadores máis fieis á saga de loita, xa que algún dos fatalities que se adiantaran (coma no que se vía ao Joker facendo unha clásica broma cunha pistola falsa, tralo que empregaba unha de verdade para executar ao seu contrario) se poderán ver sen problema nas copias europeas do xogo.


Adianto do violento fatality do Joker

PUBLICIDADE