A verificación de contas de Meta chegará en breve a empresas

mércores, 20 de setembro do 2023 Marcus Fernández

O programa de verificación de contas de Facebook e Instagram chegou a España en xullo, permitindo que cada conta dun particular por unha cota de 13,99 euros/mes puidese contar cunha etiqueta de verificación e unha capa de protección adicional, está a ampliar o seu alcance, de xeito que pasará a estar dispoñible para empresas, e incluso ampliarase a WhatsApp.
Mark Zuckerberg anunciou nun congreso de Meta en Mumbai que nas vindeiras semanas probarán o programa Meta Verified para empresas para Instagram e Facebook nun grupo de países, coa intención de levar o servizo tamén a WhatsApp, de xeito que os negocios poden estar máis seguros á hora de ter unha presenza nestas plataformas en liña.
Para moitos negocios o mero compromiso de que ante unha incidencia recibirán axuda e non terán que enfrontarse durante semanas a respostas automáticas sen intervención humana xa é incentivo dabondo para contratar este servizo que terá un prezo de 21,99 dólares/mes para cada páxina de Facebook ou conta de Instagram ou de 34,99 dólares/mes para ambas plataformas á vez.
Que queiran trasladar este servizo tamén a WhatsApp ten cada día máis sentido, pois a aplicación de mensaxería está a avanzar na creación de novas experiencias e negocios, de xeito que algúns negocios poderán integrar fluxos que permitan, por exemplo, elixir unha asento no tren, pedir comida a domicilio ou realizar unha reserva nun restaurante de xeito interactivo sen ter que saír de WhatsApp, facendo que cada vez máis a aplicación de mensaxería xogue un rol importante para as empresas, que poderían agradecer lucir un selo de verificación mellorar a confianza dos consumidores e incluso mellorar a súa visibilidade.

PUBLICIDADE