Á venda a segunda parte das edicións negra e branca de Pokémon
xoves, 11 de outubro do 2012
Os seareiros da saga de Pokémon poden respirar por fin
tranquilos, pois hoxe rematou a súa espera e chegaron
ás tendas os seus agardados Pokémon
Edición Negra 2 e Pokémon Edición
Blanca 2 para Nintendo DS (compatible coas consolas 3DS) que prometen
converterse nos xogos para consolas portátiles máis vendidos do ano. Ambiéntanse
2 anos despois da entrega anterior, permitindo aos xogadores reencontrar a
vellos amigos e facer outros novos na súa misión por derrotar aos líderes dos
ximnasios rivais e atrapar a todos os Pokémon posibles. Tamén permiten crear
películas protagonizadas polos Pokémon, conectarse con outros xogadores de
novos xeitos e gozar dun novo argumento que ofrece así moitas horas de
diversión.
Os xogadores que completen o xogo principal poderán gozar de contido adicional
a través do Sistema Clave, que desbloquea os Dominios Definitivos de Telesia e
ofrece detalladas opcións de personalización para os xogadores máis avanzados.
Os novos xogos de Pokémon tamén poderán completarse coa aplicación descargable Radar Pokémon, que permitirá aproveitar
a cámara e os controis de movemento das consolas portátiles de Nintendo para
atrapar Pokémon e transferilos aos xogos.