Á venda Mario Sports Mix para Wii

venres, 28 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

O catálogo de videoxogos para Wii dispoñible en España vén de medrar nunha das súa categorías máis prolíficas, a dos videoxogos de Mario, coa chegada ás tendas de Mario Sports Mix, un título que ofrece desafíos e competitividade en 4 deportes distintos, de xeito que poderemos xogar cos amigos ao baloncesto, o voleibol, o hóckey e o balón prisioneiro, para o que podemos crear equipos coas figuras máis icónicas de Nintedo (Mario, Luigi, Wario, Bowser, Yoshi, Toad, Donkey Kong…), estrelas de Square Enix (Ninja, Maga branca, Mago negro, Moguri…) ou personaxes Mii.
Mario Sports Mix permitirá celebrar partidos de 2 contra 2, con distintos modos de xogo e un sinxelo sistema de control que converte a este xogo para Wii nun produto moi axeitado para toda a familia.


Trailer de Mario Sports Mix

PUBLICIDADE