A veciñanza de Barreiros pode preparar o ComDix na Aula CeMIT local

venres, 6 de setembro do 2024 S. P.

A Aula CeMIT de Barreiros, na Mariña de Lugo, retoma a actividade en setembro coa capacitación (autoformación e probas de certificación) dirixida á obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) – nivel iniciación. Segundo lembran dende a aula, a convocatoria, lanzada dende a axencia autonómica AMTEGA, artéllase en dúas partes.
Por unha banda actividades do programa de autoformación, dispoñíbeis na plataforma de formación da Rede CeMIT (non son obrigatorias para presentarse ás probas). Pola outra, as probas de certificación: o 25 de outubro ás 10:00 na Aula CeMIT de Barreiros e o 22 de novembro ás 10:00 horas na mesma localización. As inscricións deberán facerse a través da web de Rede CeMIT ata o 18 de setembro (para a proba do 25 de outubro) e ata o 18 de outubro (para a proba do 22 de novembro) ambos inclusive.